miércoles, 20 de abril de 2011

As fragas do Eume

Os alumnos do 3º ciclo do CEIP LABARTA POSE de BAIO e máis os nenos de 1º, fomos de excursión ás Fragas do Eume que ë un parque natural galego nas beiras deste río .
Os bosques de ribeira son un ecosistema caracterizado por unha amplísima biodiversidade.
As árbores con maior presenza neste parque natural son o carballo ,o castiñeiro e o bidueiro.
Nas proximidades do río atopamos ameneiros, salgueiros, freixos, abeleiras e tamén abundantes acivros.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor.
Polo seu carácter húmido e sombrizo é un lugar idóneo para os anfibios (píntega común, sapo, saramaganta,…)

Entre as aves destacan o bufo, a curuxa, o moucho,…

Dos mamíferos destacan a lontra, o gato montés, a xeneta, os corzos, os raposos,…

O reo e a troita están presentes nas augas do río Eume.

Hai variedade de invertebrados: escaravellos, vacalouras, lesmas,

En definitiva foi un gran día no que aprendemos moito e gozamos dunha fermosa paisaxe en compañía dos amigos e compañeiros.




Espazos protexidos de Galicia

Parque Nacional:
Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia


Parque Natural:
Monte Aloia (1978) - Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (1992) –
Baixa Limia-Serra do Xurés (1993) - O Invernadeiro(1997)
- Fragas do Eume (1997) - Serra da Enciña da Lastra (2002)


Monumento Natural:
Praia das Catedrais - Costa de Dexo-Serantes - Fraga de Catasós - Souto da Retorta - Souto de Rozabales –
Carballa da Rocha - Pena Corneira


Humedal Protexido:
Complexo Intermareal Umia-O Grove - Rías de Ortigueira e Ladrido –
Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
- Lagoa e areal de Valdoviño - Ría do Eo


Reserva da Biosfera:
Terras do Miño - Área de Allariz - Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá –
Río Eo, Oscos e Terras de Burón


Outros: Rede Natura 2000

1 comentario: