viernes, 29 de abril de 2011

Excursión a Santiago

O xoves, 28 de abril, os alumnos de 5º e 6º do CEIP Labarta Pose de Baio fomos de excursión a Santiago.

Primeiro achegámonos ata o Teatro Principal para escoitar, no Tíralle da Lingua, aos nosos compañeiros: Xandro, Andrea, Manuel Mª e Laura coa historia “Imaxinación ao poder” e Nuria, Anxo, Eloy e Miriam con “Manuel de Paderna”.

Á saída do teatro fixemos un interesante roteiro polo Campus Sur. Aprendemos o nome e a historia dalgunhas árbores

O primeiro foi o loureiro coa fermosa historia de Apolo e Dafne. O dios do amor, Eros, disparou unha frecha de amor a Apolo e unha frecha desamor a Dafne. A partir dese momento Apolo quedou completamente namorado de Dafne e perseguíaa continuamente , pero ésta non o correspondía e cansada de tanta persecución pediulle a Peneo que lle axudase e este converteuna en loureiro.
Cando Apolo comprendeu o sucedido, abrazou o tronco e tomando unhas follas de loureiro colocounas sobre a cabeza. Desde aquela o loureiro acompaña sempre as glorias dos heroes.

A segunda árbore foi o teixo coa interesante lenda dos celtas cando foron invadidos polos romanos no monte Medulio. Tomaron infusión de teixo, que ten a propiedade de paralizar o corazón, porque sabían que non podían loitar contra tal exercito de romanos e que os levarían como escravos.

O acivro foi a seguinte árbore e a última das árbores autóctonas que nos mostraron. Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte.
Segundo a tradición popular galega, cando un mozo quere namorar a unha moza, tiña que cortar unha pola de acivro ás doce da noite de San Xoán, pasala trece veces baixo as ondas do mar mentres rezaba un credo de cada vez. Así, a moza á que toque con esta póla, quedará namorada del sen remedio.

Pasamos a ver o cedro. Había catro inmensos de uns 80 anos aproximadamente. Hai cedros do Himalaya, do Atlas e do Líbano.

O ginkgo biloba constitúe un dos mellores exemplos de fósil vivinte coñecido. Despois da bomba atómica de Hirosima, foi unha das poucas árbores que quedaron en pé nas proximidades do epicentro, polo que se coñece como portador de esperanza. As súas follas parecen abanos.
O magnolio americano cunhas fermosas flores brancas.

Por último o sugi ou cedro xaponés é un símbolo da conexión cultural e relixiosa coa natureza. É a árbore nacional do Xapón e pode verse por todo o país, dende bosques inmensos ata amplas avenidas.

Nos baixos da Facultade de Químicas temos o museo de Historia Natural que constitúe o conxunto de patrimonio histórico natural máis importante de Galicia.

Posúe coleccións de botánica, zooloxía, xeoloxía,…Na parte de zooloxía, que ocupa tres salas, pódense apreciar coleccións de animais de Galicia e de outros lugares do mundo.
Na sección de botánica hai herbarios pedagóxicos, coleccións de madeira exóticos, etc.
As salas de xeoloxía resultan moi interesantes con coleccións como a de modelos cristalográficos de Abate Haüy, de 1810.

Despois dun rápido e frugal xantar na Alameda collemos o autobús e achegámonos ata a polémica e exuberante” Cidade da Cultura”.
Deseñada polo arquitecto americano Eisenman para acoller as mellores expresións da cultura de Galicia e do mundo.

Ás cinco xa estabamos de volta no colexio. Foi un día divertido e enriquecedor.


2 comentarios:

  1. que bonito foi explorar animais!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. O que máis me gustou da excursión foi a Cidade da Cultura. Si que debeu levar tempo facela!!!!!!

    ResponderEliminar